Fedro
Fedro
[LIT/FILOS]
Diálogo de Platón que se ocupa da beleza, do amor e da retórica. Considérase que é a continuación de O Banquete, posto que nel se completa a teoría exposta polo autor sobre a dialéctica do amor. O amor é quen nos impulsa ao coñecemento das ideas supremas, posto que a alma, que noutra vida contemplou as ideas, atopa no mundo real o reflexo destas ideas nos corpos fermosos e nas almas belas que inspiran o amor.