Feixoo, casa dos

Feixoo, casa dos

Construción situada en San Salvador de Pazos de Arenteiro (Boborás). Ten planta en forma de U con dúas alturas a diferentes niveis e patio interior. A cuberta é a catro augas. Na parte máis antiga, erixida a mediados do s XVI, destaca a solaina montada sobre arcos de medio punto e con decoración de placas. No portal conserva tres escudos que aluden aos Puga e Fernández del Valle, aos Nóvoa e Enríquez, e aos Salgado e Ribadeneira.