felo

felo

(

  1. s m

    Máscara de montar a cabalo, típica do entroido en vilas como Allariz, Castro Caldelas ou Celanova. O conxunto fórmao unha casaca negra, revestida con fitas de moitas cores, sobre a que se cruza un pano; pantalóns bombachos con franxa na liña da perna, e polainas. A cabeza vai cuberta cun chapeu de ala, adornado de fitas e pequenos espellos. Adoitan ir en grupo e a súa vestimenta semella un híbrido entre os “Xenerais” da Ulla e os “Galáns” do Morrazo.

  2. s m

    Persoa que presenta un aspecto desaliñado.

  3. s m pl

    Acenos, xestos feitos coa cara cos que se fai mofa de alguén.

  4. s m

    Personaxe característico de certas celebracións como a vendima ou o entroido. Adoita ir coa cara enfeluxada e leva un vergallo para asustar os nenos e perseguir as mozas.

Palabras veciñas

Fellini, Federico | Fellows, Charles | Felmil | felo | felo- | feloderma | felón -na