felpa

felpa
  1. s f [TÉXT]

    Tecido de seda, la ou calquera outra fibra que se semella ao veludo, pero co pelo máis longo.

    Ex: Comprou un chapeu de felpa.

  2. s f

    Conxunto de golpes que se lle dan a alguén.

    Ex: Como te portes mal has levar unha felpa que che vai quedar o corpo quente.

    Sinónimos: malleira, tunda, zurra.
  3. s f

    Conxunto de terróns delgados, con herba, que se queiman cando a terra ten moita grama.

Palabras veciñas

felonía | feloplástica | felóxeno | felpa | felpar | Felpiura | Felpós