Fenda Filmes S C L
Fenda Filmes S C L
[IMAX]
Produtora cinematográfica independente galega creada en 1991. Dende o principio orientou a súa produción cara ás longametraxes comerciais, entre as que destacan A metade da vida (1994), dirixida por Raúl Veiga e protagonizada por Evaristo Calvo, María Bouzas, Ernesto Chao, Alfonso Agra e Mela Casal, entre outros; e Arde amor (1999), dirixida por Raúl Veiga e interpretada por Rosana Pastor, Sergi López, Chete Lera e María Bouzas, entre outros. Este último filme recibiu varias distincións, das que cómpre salientar o premio á mellor actriz para Rosana Pastor na XX Mostra-Cinema del Mediterrani (1999).