fenianismo

fenianismo

(

s m [HIST]

Tendencia revolucionaria creada entre os inmigrantes irlandeses de Chicago en 1858. Liderada por John O’Mahony, loitaba por liberar Irlanda do dominio inglés e proclamar a república independente irlandesa. Este movemento, que tomou o nome do heroe lendario Finn Mac-Cumhail, estendeuse por Canadá e outros centros de inmigración irlandesa. En Irlanda o movemento foi dirixido por James Stephens, arredor do diario The Irish People, e continuou ata finais da Primeira Guerra Mundial; posteriormente, integráronse en diversos partidos políticos, sobre todo no Sinn Féin.

Palabras veciñas

Fengcheng | Fengshan | Fengyuan | fenianismo | feniano -na | fenicado -da | Fenichel, Otto