fenilalanina

fenilalanina
Nome científico: [ácido&#945;-ami-no-&#946;-fenilpropiónico:C<sub> 6</sub> H<sub> 5</sub> CH<sub> 2</sub> CH(NH<sub> 2</sub> )-COOH]
s f [BIOQ]

Aminoácido esencial, imprescindible na alimentación humana, que se presenta na composición de numerosas proteínas. É o precursor bioquímico de hormonas como a tiroxina e a adrenalina. A alteración ou a ausencia xenética de determinados enzimas do seu metabolismo ten como resultado estados patolóxicos como a oligofrenia fenilpirúvica ou a fenilalaninuria.