fenobarbital
fenobarbital
(
s
m
[QUÍM/MED]
Composto cristalino cun lixeiro sabor amargo, soluble en auga, alcohol, cloroformo e éter, que funde a 174-178°C. É un barbitúrico de acción lenta que se emprega como hipnótico de acción enérxica e antiepiléptico. A doses altas é tóxico. Denomínase tamén luminal.