fenotipo

fenotipo

(

  1. s m [XEN]

    Conxunto de caracteres visibles que un organismo presenta como resultado da interacción entre o conxunto dos seus xenes (xenotipo), a través das relacións de dominancia entre os alelos, e o medio ambiente no que se localiza o organismo. Poden existir diferencias fenotípicas entre organismos co mesmo xenotipo e similitudes fenotípicas entre individuos con diferente xenotipo.

  2. s m [LING]

    Realización concreta dun obxecto sintáctico abstracto, o xenotipo, segundo o lingüista Šaumjan. A distinción na lingua dun nivel xenotípico relaciónase coa teoría da actuación (performance) e competencia, de Noam Chomsky.

Palabras veciñas

fenotiazina | fenotiocarb | fenotípico -ca | fenotipo | fenoxénese | fenoxenética | fenoxi