ferio
ferio
s
m
[FILOS]
Termo que os escolásticos utilizaron para definir un siloxismo da primeira figura, na que a maior é universal negativa, a menor particular afirmativa e a conclusión particular negativa. Así, por exemplo, Ningún avaro é xeneroso; é así que algún home é avaro, logo algún home non é xeneroso.