fermentador -ra

fermentador -ra

(

  1. adx e s

    Que ou quen fermenta.

  2. s m [BIOQ/TECNOL]

    Reactor no que se leva a cabo a fermentación. Consiste basicamente nunha cuba ou depósito de grandes dimensións, xeralmente cilíndrico, de aluminio ou aceiro inoxidable. Está provisto dun sistema de aireación, no caso de fermentacións aerobias, e dun sistema de control de temperatura. Xunto co fermentador, existe un sistema de esterilización, xeralmente por calor, que permite eliminar completamente os microorganismos estraños á reacción e que poderían interferir nela. Os fermentadores son reactores pechados, para evitar as perdas por evaporación e a contaminación do produto, que traballan, case sempre, en réxime descontinuo.

Palabras veciñas

fermata* | fermentable | fermentación | fermentador -ra | fermentar | fermentativo -va | fermento