fermio

fermio

(

Nome científico: [Fm]
s m [QUÍM]

Elemento químico transuránico que pertence á serie dos actínidos e que non está presente na natureza. De número atómico 100, masa atómica do isótopo menos inestable 257 e configuración electrónica [Rn]5f127s2, coñécense doce isótopos, todos radioactivos. O primeiro isótopo que se illou, o 255Fm, obtívoo A. Ghiorso en 1952 dos residuos da explosión dunha bomba de hidróxeno. Obtivéronse outros por bombardeo de elementos pesados con ións de helio, berilio, carbono ou osíxeno, acelerados en ciclotróns.