fermoso -sa
fermoso -sa
(
-
adx
Que produce pracer á vista ou ao oído, pola súa beleza, perfección ou magnitude. Na tradición oral recóllense ditos como: “Á fermosa, o desdén sempre parece ben. Non hai fermoso que non teña algo noxoso”.
Ex: Era unha muller fermosa. Cantou unha canción fermosa. Pintou unha paisaxe fermosa. Cadroulles un día fermoso para ir de viaxe.
-
adx
Que é grande ou ben desenvolvido.
Ex: A pereira deu unhas peras fermosas.
-
adx
Que denota xenerosidade ou nobreza.
Ex: A súa bondade cos máis necesitados é moi fermosa.