Fernando de Austria o Cardeal Infante
Fernando de Austria o Cardeal Infante
(El Escorial 1609 - Bruxelas 1641) Infante, militar e eclesiástico, fillo de Filipe III e Margarida de Austria. Recibiu o capelo cardinalicio en 1619 de mans de Paulo V e, posteriormente, foi nomeado administrador perpetuo do arcebispado de Toledo, prior de Ocrato e abade comendatario do mosteiro de Alcobaça. En 1632, o seu irmán Filipe IV nomeouno vicerrei de Catalunya e despois gobernador de Milán (1633-1634). Trala morte de Isabel Clara Uxía, recibiu o cargo de gobernador dos Países Baixos (1634-1641). Participou na Guerra dos Trinta Anos, na que derrotou os exércitos suecos na Batalla de Nördlingen (1634) e os franceses en Corbie (1636).