feroés -sa
(
-
adx
Relativo ou pertencente ás Illas Feroe, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante das Illas Feroe.
-
s
m
[LING]
Lingua do phylum indoeuropeo da familia xermánica (grupo setentrional), falada nas Illas Feroe. Descende do nórdico antigo, lingua dos poboadores viquingos, procedentes de Noruega, que a principios do s IX se asentaron nas Illas Feroe. Sometidos inicialmente polos noruegos, trala Unión de Kalmar (1397), impúxose paulatinamente ao dominio da lingua dinamarquesa que se reafirmou trala Reforma (mediados do s XVI). A partir do s XVI comezan a aparecer documentos e fragmentos escritos en feroés, como rexeitamento á imposición do dinamarqués. A primeira novela escrita en feroés aparece en 1909. A lingua escrita foi fixada polo lingüista feroés Venceslau Ulrius Hammershaimb (1819-1909) no ano 1846, pero non foi recoñecido e empregado na Igrexa, no ensino e na administración ata o s XX. A Lei de Autonomía de 1948 recoñece o feroés como lingua oficial, aínda que o dinamarqués tamén pode ser empregado nos medios oficiais. Emprega o alfabeto latino e, entre os seus trazos lingüísticos, cómpre destacar: a distinción de vocais breves e longas; a distinción de tres xéneros (masculino, feminino e neutro); declinación de catro casos (nominativo, xenitivo, dativo e acusativo), e tamén declina o sistema de artigos; o verbo en infinitivo vai marcado con at (at sova, ‘durmir’); e distingue dúas conxugacións, a forte e a débil.