ferredoxina

ferredoxina
s f [BIOQ]

Nome xenérico dun grupo de proteínas complexas que conteñen ferro unido a xofre en proporcións equimolares. Son axentes redutores fortes que actúan como moléculas transportadoras de electróns en procesos tributarios da fotosíntese, a fixación de nitróxeno, certas fermentacións e o ciclo de Krebs na maioría de organismos. Descubríronse por primeira vez na bacteria Clostridium.

Palabras veciñas

ferraxoca | Ferré, Léo | ferreal | ferredoxina | Ferreira | Ferreira | Ferreira