Ferreiros, pazo de
Ferreiros, pazo de
Construción situada en San Tomé de Xaviña (Coristanco). Ten planta alongada en forma de L e dúas alturas na fachada. A cuberta é a dúas augas. Na súa construción empregouse a cantería coa cachotería de granito. Na parte posterior está amurallado. Conserva construcións adxacentes como o pombal, as palleiras e o lavadoiro.