Ferro, praza do
Ferro, praza do
Situada no centro histórico de Ourense, foi coñecida como a Cruz dos Ferreiros e nela existiu un mercado de ferro. De forma triangular, a ela conflúen seis rúas. Está formada por soportais e casas nobres, entre outras, a casa oxival dos Yáñez Novoa, coñecida como a casa da Misa de Alba e a casa dos Fernández Boán (s XVII). No centro consérvase unha fonte renacentista do s XVI que pertenceu ao mosteiro de Oseira.