gacho -cha

gacho -cha

(< agachar)

  1. adx

    Inclinado ou dobrado cara a abaixo.

    Ex: Pasaba coa cabeza gacha e as mans nos petos.

  2. adx

    Aplícase ao boi ou á vaca que ten un corno máis baixo ca o outro.

Frases feitas

  • Andar coas orellas gachas. Andar acovardado.

  • Quedar coas orellas gachas. Non conseguir o que se pretendía.