gadolinio

gadolinio

(< antropónimo Johan Gadolin,químico finlandés)

Nome científico: [Gd]
s m [QUÍM]

Elemento químico pertencente ao grupo dos lantánidos, de número atómico 64 e de peso atómico 157,25. Ten dezasete isótopos dos que sete son estables. Identificouno P. E. L. Boisbaudran en 1886. Actúa cunha valencia de +3 e diferénciase de outros lantánidos pola súa estrutura electrónica, [Xe] 4f7 5d1 6s2, na que os sete orbitais dos niveis f están ocupados por un electrón desemparellado. Forma cristais metálicos con estrutura hexagonal compacta. É o único metal do grupo dos lantánidos que é ferromagnético a temperatura ordinaria. Dous dos seus isótopos teñen unha gran sección de captura para os neutróns térmicos, polo que o gandolio emprégase en forma de complexo orgánico nas barras de control dos reactores nucleares.

Palabras veciñas

gaditano -na | gado | Gado, pazo de | gadolinio | gadolinita | gadoma | gadomo