gagauz -za
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo gagauz.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo gagauz.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo de orixe turca que se estableceu no N do Mar Caspio e no Mar Negro, entre o Volga e o Danubio cara ao s XI. No s XIII formaron un estado independente sometido ao emperador bizantino e convertéronse ao cristianismo ortodoxo. No s XV pasaron a formar parte do Imperio Otomano e conservaron a súa lingua e costumes. As súas comunidades esténdense por Moldavia, Ucraína, Bulgaria e Romanía. O grupo máis numeroso concéntrase en Moldavia, onde acadaron un grao especial de autonomía en cinco rexións do S desta república. Dedícanse á agricultura e á gandería.
-
s
m
[LING]
Lingua pertencente á familia turca do phylum altaico, que fala o pobo gagauz. Na escrita emprega unha variante do alfabeto cirílico.