Gaia, teoría de

Gaia, teoría de
[ECOL]

Teoría que considera a superficie da Terra como un sistema integrado, no que os organismos vivos e os factores xeolóxicos e climáticos están interrelacionados e se inflúen mutuamente. Foi unha idea proposta na década de 1970 polo bioquímico británico J. E. Lovelock e complementada pola bióloga estadounidense L. Margulis. Tamén se coñece como hipótese de Gaia.

Palabras veciñas

Gago, Xoán | gaguexar | gahnita | Gaia, teoría de | gaiada | gaián | Gaibas