Gaibor, pazo de
Gaibor, pazo de
Construción situada en San Xulián de Gaibor (Begonte). Ten planta en forma de L con dúas alturas. Na fachada principal engadíronse outros corpos. Conserva dous escudos ás beiras do balcón coas armas dos Lanzós, Baamonde e Saavedra, entre outros.