1 gaio
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da familia dos córvidos caracterizada por unha plumaxe moi vistosa. Tende a non presentar comportamento gregario e só se ve en grupo pouco despois da época de cría. Constitúe o nome vulgar do xénero Garrulus, tanto o actual Garrulus glandarius -o gaio común- como o antigo Garrulus bohemius, actualmente Bombyscilla bohemius -ou gaio nórdico-.
-
gaio azul
[ANIMAL/ORNIT]
Ave forestal de 36 cm de lonxitude. Non se diferencia o macho da femia e a plumaxe é rosa pardenta con franxas alares brancas, cobertoiras alares azuis con barras negras e mitra branca. De alimentación omnívora, come insectos, pequenos vertebrados e froitos. Gostan das landras que agachan en distintos puntos do bosque durante o outono e que aproveitan no inverno. Imitan as voces doutras aves. Ave sedentaria, distribuída na rexión paleártica, agás nas áreas máis frías. Está presente en toda Galicia, ata os 1.400 metros de altitude, asociada a bosques de caducifolias ou bosques mixtos.