gaiteiros de Soutelo de Montes, Os

gaiteiros de Soutelo de Montes, Os
[MÚS]

Grupo musical integrado por Avelino Cachafeiro Bugallo, por Castor e Bautista, irmáns del, polo seu pai Fermín e por Andrea, unha tía dos rapaces que tocaba o pandeiro. Realizaron numerosas actuacións en Galicia e fóra dela. En xullo de 1928 gravaron coa casa Regal de Ourense entre outros temas A muiñeira de Chantada, Heicho de dar queridiña, A alborada de Rosalía, A muiñeira de Pontesampaio e Fandango de Pontevedra. O 28 de febreiro de 1930 presentáronse no Teatro Avenida de Bos Aires, os decorados empregados foron da autoría de Castelao e de Camilo Díaz Baliño. Despois da Guerra Civil Española, o grupo disolveuse.

Palabras veciñas

gaiteiro -ra | Gaiteiro de Lugo, O | gaiteiro de Soutelo, O | gaiteiros de Soutelo de Montes, Os | gaivota | Gaivota, A | Gajdusek, Daniel Carleton