1 gala

1 gala

(

  1. galadura.

  2. s f

    Conxunto de vestidos, alfaias e complementos moi elegantes que se usan en grandes festas ou reunións. OBS: Úsase normalmente en plural.

    Ex: Vestiuse coas súas mellores galas para asistir á festa.

  3. s f

    Ostentación e luxo nunha festa ou nun acto social.

  4. s f

    Espectáculo musical.

    Ex: Organizaron unha gala cos mellores grupos da cidade.

Frases feitas

  • De gala. 1 Uniforme ou vestido de luxo, en contraposición co que se leva a diario. Ex: Desfilaron co uniforme de gala.

  • 2 Cerimonia ou acto solemne ou destacado. Ex: Celebrouse un baile de gala no palacio.

  • Facer gala de algo. Facer ostentación de algo. Ex: En canto tiña ocasión facía gala dos seus coñecementos.

Palabras veciñas

Gajdusek, Daniel Carleton | gal | GAL | 1 gala | 3 gala | 1 gala | 2 gala