galeaza
galeaza
(< ital galeazza)
s
f
[MAR]
Nave de guerra máis pesada e robusta ca a galera, cunha soa cuberta, que arboraba tres paos con velas latinas. Levaba ata 32 remeiros por banda e 8 potentes canóns inscrustados nuns buratos das bordas que sobresaían do casco para permitir a colocación da artillería. Empezouse a construír no s XV como consecuencia da necesidade de naves máis fortes ca a galera mediterránea -que carecía de gran capacidade de transporte para longas travesías- para aventurarse a navegar polo Océano Atlántico. Acadou a súa máxima relevancia no s XVI -algunhas destas naves formaron parte da Armada Invencible-, e deixouse de construír a comezos do s XVIII.