Galegos, casa de

Galegos, casa de

Construción situada en Galegos (Lalín). Composta por diversos corpos, ten planta en forma de U. Destaca a porta de entrada á capela, con lintel e rematada con ameas. O escudo, que alude aos Blanco e aos Castro, trasladouse a unha edificación moderna.