galena

galena

(< lat galēna)

s f [MINERAL]

Sulfuro de chumbo, de fórmula SPb. Pertence ao grupo dos sulfuros, cristaliza no sistema cúbico e ten o hábito cúbico ou octaédrico. É de cor gris azulada e ten brillo intenso metálico. Ten unha dureza de 2,5 e unha densidade de 7,58. É moi característica a perfecta exfoliación en cubos. É a mena máis importante do chumbo, e pódese presentar en rochas sedimentarias, en veas hidrotermais e tamén en pegmatitas. Emprégase na industria cerámica e foi o primeiro cristal que se utilizou como detector de ondas de radio.

Palabras veciñas

galeguizar | Galeira, A | Galemys | galena | galénica | galénico -ca | galenismo