fototropismo
fototropismo
(< foto- + tropismo)
s
m
[BIOL]
Tropismo no que o factor estimulante é a luz. Presentan fototropismo unha gran parte dos organismos unicelulares e os organismos vexetais. O fototropismo pode ser positivo ou negativo, segundo a resposta sexa de orientación cara á fonte luminosa ou de afastamento. Así, os brotes aéreos das plantas presentan fototropismo positivo e as raíces, fototropismo negativo.