fracción

fracción

(

    1. s f

      Acción de romper ou romperse algo.

    2. s f [RELIX]

      Acción de partir na misa o pan consagrado. A antiga liturxia visigótica facía dividir o pan consagrado en sete ou en nove fragmentos, dispostos en forma de cruz.

    3. s f [RELIX]

      Parte da misa na cal o pan consagrado se parte con vista á comuñón.

    4. fracción do pan [RELIX]

      Expresión que significa a manifestación da eucaristía.

    1. s f

      Parte que se separa dun todo.

      Confrontacións: porción.
    2. s f [XEOL]

      Parte dun solo onde os compoñentes están comprendidos entre uns límites de magnitude determinados. Normalmente, adóitase considerar as fraccións correspondentes á area grosa (de 2 a 0,2 mm), á area fina (de 0,2 a 0,02 mm), ao limo (de 0,02 a 0,002 mm) e á arxila (menos de 0,002 mm).

    3. s f [QUÍM]

      Produto obtido polo fraccionamento dunha mestura.

    4. fracción mecánica [XEOL]

      Parte que queda dunha mostra de solo unha vez extraídos a materia orgánica, os carbonatos e os sales solubles.

    5. fracción molar [x] [QUÍM]

      Fracción de moles dun determinado compoñente dunha mestura ou disolución sólida, líquida ou gasosa que está contida en 1 mol da mestura ou disolución.

  1. [MAT]
    1. s f

      Expresión da forma n/m, onde n e m, chamados respectivamente numerador e denominador, son elementos dun dominio de integridade, coa condi-ción m?0. A suma e o produto de dúas fraccións defínense, respectivamente, polas seguintes fórmulas: (n/m)+(n’/m’)= (nm’+n’m)/mm’ e (n/m)(n’/m’)=nn’/mm’.

    2. s f

      Número racional, elemento do corpo N.

    3. fracción alxébrica

      Fracción en que interveñen símbolos alxébricos.

    4. fracción aparente

      Fracción ordinaria en que o numerador é múltiplo do denominador.

    5. fracción continua

      Expresión da forma


      FORMULA



      onde o algarismo se estende indefinidamente. Exprésase abreviadamente me-diante a notación a0+[a1/b1+][a2/b2+] [a3/b3+]... Empréganse para representar números irracionais. Así, por exemplo, William Brouncker deu un desenvolvemento en fracción continua para o número ¦Ð.

    6. fracción decimal

      Fracción ordinaria en que o denominador é unha potencia de 10.

    7. fracción exipcia

      Fracción con numerador.

    8. fracción impropia

      Fracción ordinaria co numerador máis grande có denominador.

    9. fracción irreductible

      Fracción en que o numerador e o denominador non teñen ningún divisor común, á parte dos triviais. Calquera fracción pode escribirse como fracción irredutible.

    10. fracción ordinaria

      Fracción n/m onde n e m son números enteiros. Unha fracción ordinaria ten, segundo os casos, significados diferentes. Así, por exemplo, a fracción 3/4 pode significar 3:4 e tamén a relación 3 é a 4. Cando se fala dos 3/4 dunha cousa quere dicir que se considera dividida esta cousa en catro partes das que só se collen tres.

    11. fracción periódica

      Fracción que ten unha expresión decimal que contén unha cifra ou un grupo de cifras, chamadas período, que se repiten indefinidamente. Por exemplo, o período de 1/3=0,333... é 3, o de 1/6=0,1666... é 6. Cando o período comeza nas décimas, a fracción chámase periódica pura, nos demais casos chámase periódica mixta.

    12. fracción propia

      Fracción ordinaria co numerador menor có denominador.

    13. fracción racional

      Fracción en que tanto o numerador como o denominador son polinomios.