fragmento

fragmento

(< lat fragmentu)

  1. s m

    Anaco de algo que rompeu ou se dividiu.

    Ex: Reconstruíu a peza pegando os fragmentos.

  2. s m

    Parte que se conserva dun escrito do que se perderon as outras partes.

    Ex: A penas se conservan uns fragmentos do seu libro.

  3. s m

    Parte dunha composición musical ou dunha obra literaria.

    Ex: Leunos un fragmento da súa novela.

  4. s m [DER]

    Parte de cada un dos títulos do Dixesto que servía, na práctica xurídica, nas glosas e nos tratados de dereito, para citar os textos. Utilízase xeralmente a sigla ff.