Fragoso, milicias de

Fragoso, milicias de

Corpo de voluntarios do Fragoso que no mes de marzo de 1809 participaron na reconquista de Vigo, ocupada polas tropas francesas. O 14 de marzo, as partidas do Fragoso e San Antoniño, acaudilladas polo monxe franciscano Andrés Villageliú e por frei Giráldez, lograron deter os reforzos que, procedentes de Pontevedra, se dirixían a Vigo para auxiliar aos soldados franceses cercados no interior das murallas da cidade. O día 28, lograda a rendición dos franceses, entraron na zona vella da cidade.

Palabras veciñas

fragosidade | Fragoso | fragoso -sa | Fragoso, milicias de | fragrancia | fragrante | fragua