Francisco Lanza, Grupo de teatro

Francisco Lanza, Grupo de teatro

Colectivo de teatro afeccionado fundado por Eduardo Gutiérrez en 1975 e que desenvolveu unha considerable actividade no campo da dinamización teatral, con espectáculos como O tío Miseria (1975), Beiramar (1984), sobre o texto de Armando Cotarelo ou Falsa morte e certa morte de Estoraque o Indiano (1985), segundo a peza homónima de Eduardo Blanco Amor.