francobordo
francobordo
(< fr franc-bord)
s
m
[MAR]
Reserva de flotabilidade dunha embarcación, determinada pola liña de máxima carga fixada por algunha das entidades oficiais aseguradoras. O francobordo é un elemento de seguridade para a flotabilidade e a defensa contra o mar posto que evita que entre auga na nave cando escora. Obtense por medio da distancia que queda entre o nivel de auga e a parte superior da cuberta principal, no centro da eslora. O francobordo diminúe inversamente o calado da nave se a carga desta aumenta.