frauta
(< occit flauta?)
-
[MÚS]
-
s
f
Instrumento aerófono, con embocadura de bisel, que ten forma de tubo cilíndrico. É un dos instrumentos de orixe máis antiga. As modalidades occidentais máis importantes son a frauta doce e a frauta travesa. A frauta doce, chamada tamén frauta de bico ou de Inglaterra, é un instrumento de madeira, de perforación cónica, cun buraco na parte posterior e oito na parte de diante. O tubo, parcialmente tapado por un fragmento de madeira, só deixa pasar un fío de aire, dirixido contra o bordo tallado oblicuamente. No s XV describíronse tres membros da familia (soprano, contralto e tenor), máis tarde ampliada a cinco (sopranino e baixa). A frauta doce foi substituída pola travesa na segunda metade do s XVIII por mor da súa feble sonoridade. A frauta travesa é un instrumento de tubo cilíndrico, con embocadura e seis buracos. Chámase así porque o instrumentalista sostena de través, diante da boca. Documéntase a súa existencia xa no s XVI e recibiu tamén o nome de frauta de Alemaña. Perfeccionada continuamente grazas ao uso de cravos, corpos de recambio, modificación de orificios e da perforación, etc. Construíuse con diferentes madeiras e con marfil, cobre, prata, ouro e platino. Os membros máis importantes da familia son a frauta en re ou de concerto, chamada tamén en dó, porque a súa extensión vai do dó 3 ao dó 6 , o frautín ou picolo, a frauta baixa, chamada tamén contralta, e a frauta de amor.
-
s
f pl
Familia de instrumentos aerófonos que se caracterizan polo feito de producir o son mediante un bisel situado na súa embocadura, o cal, ao dividir o fluxo do aire que entra, fai entrar en vibración esta parte, que pasa ao interior do tubo resoador.
-
frauta de Pan
Instrumento aerófono, coñecido desde a Antigüidade. Consiste nun conxunto de tubos dispostos en fila que se poden facer soar de maneira sucesiva desprazando os seus buratos diante da boca.
-
s
f
-
s
f pl
Xogo de órgano, de tubos abertos e amplos e dunha sonoridade doce, similar ao da frauta.
-
s
Músico que toca a frauta.
Sinónimos: frautista.