1 frecha

1 frecha

(

  1. s f [BÉL]

    Arma ofensiva que consiste nunha hasta delgada, normalmente de madeira, á que se lle afía un dos extremos, ou se lle engade unha punta de ferro afiada, e unhas aletas no outro. Lánzase cun arco ou cunha bésta. Foi empregada por todos os pobos primitivos e en Europa empregouse ata o s XVII. Continúa utilizándose para a práctica da caza deportiva.

  2. s f
    1. Calquera obxecto en forma de frecha.

    2. Sinal semellante a unha frecha ou a unha cabeza de frecha, usado sobre todo para indicar unha dirección.

  3. s f
    1. Obxecto que se alza formando punta.

    2. [ARQUIT]

      Elemento arquitectónico característico do gótico. Trátase dunha torre de forma cónica ou ben piramidal, coa base cadrada, hexagonal ou octogonal. No s XIII eran de dimensións colosais e no gótico flamíxero foron traballadas á maneira dunha filigrana. Apareceu de novo no x XIX co neogótico.

    3. [ARQUIT]

      Altura dun arco ou dunha bóveda dende a liña de arranque ata a clave.

    4. [ARQUIT]

      Tellado piramidal que está moi elevado respecto das dimensións das súas bases.

  4. s f [AERON]

    Ángulo que forma a liña que une os puntos das cordas dos perfís dunha ala situadas a un 25% do ángulo de ataque co plano de simetría do avión. Segundo este ángulo, a ala pode ser de frecha cara a atrás ou de frecha cara a adiante. Deseñáronse avións con ala de frecha variable en voo.

    1. s f [MAT]

      Segmento que, nun arco de curva AB, une o centro do arco AB co centro da corda [AB]. Se AB é un arco dunha circunferencia, a frecha sitúase sobre o diámetro perpendicular á corda [AB], e a súa lonxitude é l=r(1-cosα/2), onde r é o raio da circunferencia e α o ángulo determinado polos diámetros subtendidos polos extremos do arco.

    2. [TECNOL]

      Distancia entre o punto da máxima deformación dunha viga sometida a flexión e o lugar que ocuparía teoricamente o mesmo punto se non houbera deformación.

  5. s f [DEP]

    Proxectil que se dispara no tiro con arco. Consiste nunha hasta de madeira de bambú ou de metal lixeiro, con punta por un lado e provista no outro de tres chumbos que proporcionan estabilidade á súa traxecoria despois de ser disparadas cara á diana.

  6. frecha astronómica [METROL]

    Instrumento utilizado na Antigüidade para medir a altura dos astros. Consistía nunha barra dun metro de longo aproximadamente; ao longo desta barra podíase desprazar outra pequena (posteriormente dúas, tres e ata catro) duns 70 cm, perpendicularmente á primeira. Dirixíanse dúas visuais que tiñan que pasar polos extremos das barras pequenas e chegaban ata a estrela e o horizonte, respectivamente. Menos precisa có cuadrante ou ca o astrolabio náuticos, foi moi utilizada no s XVI polos navegantes.

    Sinónimos: bésta.
  7. frecha litoral [XEOG]

    Tipo de cordón litoral formado pola acumulación de material detrítico, que descansa sobre un saínte da costa ou sobre unha illa. Pode formarse tamén na embocadura dun río ou no interior dunha baía ou dun esteiro. Cando unha ou varias frechas unen en perpendicular unha illa co litoral, chámase frecha-istmo ou tómbolo.

Palabras veciñas

Freaza | frebra | freces | 1 frecha | 2 frecha | frechada | frechado -da