frecuencímetro

frecuencímetro

(< frecuencia + -metro)

s m [METROL]

Aparato para medir frecuencias magnéticas eléctricas alternas. Poden ser de diversos tipos: de láminas vibrantes, de bobina móbil ou de relación. Os de láminas vibrantes empréganse en corrente alterna industrial de 50 (ou 60) Hz, e constan dunha serie de láminas de diferente lonxitude que son excitables magneticamente, de maneira que a lámina que ten unha frecuencia propia igual á que se mide, entra en vibración. Para radiofrecuencias empréganse os heterodinos, os ondómetros e aparatos como a ponte de Wien. Os frecuencímetros dixitais realizan a medición mediante contadores dixitais, que calculan o número de ciclos do sinal durante un certo período de tempo e despois visualizan a magnitude baixo unha forma numérica.