frega

frega

(

  1. s f

    Acción e efecto de fregar.

    Sinónimos: freta.
  2. s f

    Frición ou masaxe que se aplica sobre unha parte do corpo con algunha sustancia, xeralmente con fins curativos. OBS: Emprégase maioritamente en plural.

    Ex: A rapaza deulle unhas boas fregas no lombo. Déronlle unha frega no brazo porque o tiña dolorido.

    Sinónimos: freta.
  3. s f

    Tunda ou malleira que se lle dá a alguén.

    Ex: Se non te portas ben, vas levar unha boa frega.