Freixo, ponte de

Freixo, ponte de

Situada sobre o río Arnoia, entre Celanova e Cartelle. Trátase dunha ponte romana de perpiaños con catro vans e bóvedas de medio punto e tallamares triangulares. A súa configuración é simétrica con respecto ao piar central. Pertenceu a unha antiga vía romana de orixe secundaria.