frenoloxía

frenoloxía

(< freno- + -loxía)

s f [ANTROP]

Sistema ideolóxico iniciado por Franz-Joseph Gall (1758-1828). Fundaméntase na doutrina das localizacións cerebrais, segundo a cal, as distintas funcións cerebrais sitúanse nunhas áreas determinadas e existe un paralelismo entre o grao de desenvolvemento destas áreas e a intensidade de funcións que radican nelas. Deste xeito, mediante un exame da morfoloxía externa da caixa cranial, poderíanse descubrir as tendencias innatas dos individuos, determinar o seu carácter e a súa capacidade mental. Tentou aplicarse á educación e á criminoloxía, e, aínda que foi desacreditada como práctica científica, conservou a súa popularidade, especialmente nos EE UU durante o s XIX, e orixinou outras disciplinas pseudocientíficas, como a craniometría e a antropometría.

Palabras veciñas

Freno, El | freno- | frenólogo -ga | frenoloxía | frenolóxico -ca | frenópata | frenopatía