Frente Polisario
Frente Polisario
Nome científico:
[Frente Popular de Liberación de Saguia el-Hamra y Río de Oro]
Movemento de liberación nacional do territorio do Sahara Occidental baixo administración española que reivindicou a independencia do territorio desde 1973, data na que iniciou unha loita guerrilleira levada a cabo polo Exército de Liberación Saharauí. Tralo Acordo de Madrid (1975), o territorio pasou ás mans de Marrocos e Mauritania, mentres que a FP proclamaba a independencia da República Democrática do Sahara (1976). Mauritania renunciou ao territorio en 1979 e Marrocos procedeu á anexión. Desde 1989 buscouse unha solución negociada, coa intervención da ONU, para a celebración dun referendo popular para a autodeterminación do territorio, pero a controversia sobre o establecemento do censo electoral aprazou indefinidamente a convocatoria.