freon
freon
(< ingl freon, marcarexistrada)
s
m
[QUÍM]
Cada un dos derivados haloxenados, con cloro e fluor, do metano e do etano. Caracterízanse pola súa elevada volatilidade e estabilidade. A causa da súa fácil licuación empréganse como refrixerantes nas industrias frigoríficas, e como propulsores de aerosois na fabricación de espumas e na astronáutica. Os máis importantes son o triclorofluorometano (freon 11) e diclorodifluorometano (freon 12).