friso

friso
  1. s m [ARTE/CONSTR]
    1. Parte do entaboamento comprendida entre a arquitrabe e a cornixa, que se emprega na arquitectura clásica. Nas ordes xónica e corintia era corrido, mentres que na orde dórica estaba formado pola alternancia de tríglifos e métopas. A decoración adoitaba ser historiada, entre outras destaca a do friso das Panateneas do Partenón.

    2. Decoración tallada, pintada ou gravada en bandas horizontais.

  2. s m
    1. Faixa máis ou menos ampla que se adoita pintar na parte inferior das paredes, e de distinta cor ca estas.

    2. Faixa de papel pintado, drapeado, de madeira ou doutro material que se coloca na parte inferior das paredes.

Palabras veciñas

Frisia, Sisto de | Frisias, illas | frisio -sia | friso | frisón -na | frita | fritada