Fritillaria

Fritillaria
[PLANTA]

Xénero de plantas bulbosas, da familia das liliáceas, de ata 50 cm de alto, caracterizadas por presentar: de 5 a 10 follas lineares lanceoladas dispostas de xeito alterno; unha ou dúas flores campanuladas e pendurantes; e froitos en cápsula erecta de contorno hexagonal. As flores acadan entre 25 e 30 mm de longo, de cor púrpura acastañada -cun deseño axadrezado de liñas finas máis claras- por fóra e verdosa ou amarelenta por dentro, de tépalos internos máis amplos ca os externos e de bordo revirado. En Galicia está presente, en prados de montaña, a especie F. pyrenaica.

Palabras veciñas

fritada | Frith, Francis | fritideira | Fritillaria | fritir | frito -ta | fritura