frontón

frontón
  1. s m [DEP]
    1. Parede contra a que se lanza a pelota no xogo de pelota.

    2. Instalación na que se disputa o xogo de pelota ou pelota vasca. O frontón, que pode estar cuberto ou ao aire libre, consta dun terreo de xogo de 50 a 70 m de lonxitude por 10 ou 12 m de largo, limitado por dúas paredes de entre 12 ou 14 m de altura que forman ángulo recto entre elas.

  2. [ARTE]
    1. s m

      Remate triangular dunha fachada ou dun pórtico. Na arte grega naceu como consecuencia da necesidade de soster as dúas vertentes dos templos e decorábase con esculturas que se adaptaban ao marco triangular. Nos estilos posteriores tivo unha función plenamente decorativa.

    2. frontón curvo

      Frontón que consta dun arco de circunferencia cortado por unha base horizontal. Alterna cos frontóns triangulares nos vans dunha fachada.

    3. frontón partido

      Frontón triangular no que os seus lados ascendentes non chegan a xuntarse. En ocasións enrólase a xeito de volutas.

Palabras veciñas

frontispicio | frontista | fronto- | frontón | Frontón | frontoparietal | frontoxénese