frouxo -xa

frouxo -xa

(< lat fluxu)

  1. adx

    Que está pouco apertado e non está tenso ou axustado.

    Ex: O pantalón quédalle frouxo. Deixou frouxos os parafusos da roda.

  2. adx
    1. Que ten pouca forza física.

      Ex: É un home moi frouxo e non pode facer moitos esforzos físicos.

      Sinónimos: feble.
    2. Que ten pouca forza moral.

      Ex: É tan frouxo que se pon a chorar por calquera cousa.

      Sinónimos: feble.
  3. adx

    Que ten pouca intensidade.

    Ex: Este ano o licor é moi frouxo. O vento era tan frouxo que non puideron despregar as velas.

  4. adx

    Que non chega ao nivel de calidade ou de rendemento que se espera.

    Ex: Fixo un traballo moi frouxo.

    Sinónimos: mediocre.
  5. adx [LING]

    Que se articula cos músculos en posición moi próxima ao estado de repouso e a enerxía articulatoria global queda repartida no sector bucal e na farinxe.

Palabras veciñas

Frouxeira, praia da | Frouxeira, punta da | frouxidade | frouxo -xa | Froxais | froxón | frúa