fruticultura

fruticultura

(

s f [AGR/ECON]

Rama da agricultura dedicada ao estudo e ao cultivo de árbores e plantas froiteiras. O cultivo das froiteiras tivo durante moito tempo un carácter meramente complementario doutros produtos agrícolas, xa que se destinaba a froita ao consumo familiar ou ao mercado rural ou urbano máis próximo. A partir de mediados do s XIX adquiriu un desenvolvemento autónomo e un carácter máis industrial, ao tempo que o comercio da froita adquiriu proporcións internacionais. A mediados do s XX, as melloras da tecnoloxía e a consolidación das industrias derivadas nos climas máis favorecidos, deron lugar a grandes incrementos no rendemento por unidade de explotación.

Palabras veciñas

frútice | fruticoso -sa | fruticuloso -sa | fruticultura | frutidor | frutífero -ra | frutificación