frutosa
frutosa
(< lat fructu + -osa)
s
f
[QUÍM]
Cetohexosa que se dá en estado libre, xuntamente coa glicosa e a sacarosa, na froita e no mel, e combinada con outros azucres nos oligosacáridos. A frutosa natural é fortemente levóxira ([α]<J>D</J>20=-92°). A frutosa é o azucre natural máis doce. Fabrícase por hidrólise ácida da inulina, polisacárido que se compón, case exclusivamente, de unidades de D-frutofuranosa, que é unha forma cíclica da frutosa [CH2OHCO(CHOH)3CH2OH]. Os derivados da frutosa son moi importantes no metabolismo enerxético dos organismos vivos. Nas células dos músculos dos vertebrados degrádase segundo as vías metabólicas da glicólise. Intervén tamén nas plantas, na síntese da sacarosa.