Fruzo, pazo do
Fruzo, pazo do
Construción situada en San Cosme de Fruzo (Arzúa). Pertenceu a unha antiga fortaleza. De planta rectangular, ten unha escaleira de pedra con balaustrada barroca (s XVIII) e un relanzo superior con balconada sobre a escaleira. A metade dereita da escaleira e a capela, que formaba escuadro co edificio, foron derrubadas nunha reforma.